Xa está na rúa o número 165 do Barrios Deportivo.

Barrios Deportivo 165

Este novo número saca en portada a pretempada do COB con varios partidos amigables. O arranque ligueiro en Primeira división de fútbol coa goleada do Ourense Envialia. A racha de tres vitorias consecutivas da UD Ourense. E os dous títulos galegos de escalada para os integrantes do Asesou.

O «Pulpo Extreme» xa tivo a súa primeira xornada co Descenso urbano facendo as delicias do público asistente. O festival de hoquei veterán foi para o equipo local do CD Open. O día da Bici volveu a congregar a miles de ciclistas polas rúas ourensáns. En balonmán, o Nova Xestión Pavillón comezou a Copa con derrota.

En fútbol, na Terceira división, o Ourense C.F. se planta nos postos de cabeza sen coñecer aínda a derrota. En fútbol sala, o Sala Ourense empezou gañando na primeira xornada de Liga, mentres que o Cidade das Burgas caeu derrotado fronte o Móstoles.

En atletismo, o «Correndo por Ourense» chega ao barrio da Ponte. A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense organiza a segunda carreira das empresas. As andainas de Baños de Molgas, Luíntra e O Carballiño teñen lugar nestas datas.

Diana Siota e Ainoha García dan unha alegría en Varsovia ao taekwondo ourensán. O Club Voleibol Ourense presenta a súa nova imaxe para competir na Primeira división nacional.

Escalada, rugbi, pádel, BTT e moito máis no número 165 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha