A edición deste ano, a 17ª, celébrase o sábado 28 de outubro.

Ribadavia prepárase para a Noite Meiga

Xa estamos no outono e como non un ano máis é a data de celebrar a “Noite Meiga” en Ribadavia, este ano será xa a 17 edición e será o sábado 28 de outubro.
Ten esta data pola razón propia que dá a tradición: O Samain, que é a festividade de orixe Celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo.
Coma sempre será una festa chea de actividades o longo da tarde noite do sábado pero este ano queremos destacar como novidade o venres (27 de outubro) infantil no que a Noite Meiga se adiante un día para dedicarlo 100% aos nenos e nenas, desta maneira xa empezaremos pola maña cun Teatro titulado “Bailando con meigas” que terá lugar no Colexio CEIP plurigingüe Ribadavia ás 12 da maña e xa pola tarde dende as 16:30 ás 20:00 na Alameda de Ribadavia haberá varias atración para eles como son: una yincana de 24 metros, un circuito de kars, un futbolín humano, tobogán inchable e tamén un Castelo inchable.

Ademáis de ter una exposición de cabazas elaboradas por todos os escolares na Praza da Abastos onde poderán mostrar as súas habilidades como grandes artistas creativos.

Este ano tamén queremos destacar unha actividade que se leva a cabo por primeiro ano gracias a colaboración desienterasada Asociación Líudico Cultural de Magos do ribeiro, a cal é unha Conferencia de Maxia de Rúa a cargo do mago Raul Camawey para magos progfesionais, magos aficionados e tamén de libre acceso para o público en xeral que esté interesado neste tema da maxia de rúa, que será o mesmo que nos deleitará a noite cunha gran actuación para tódolos públicos.

Tamén destacar que o concertó Fin de Festa que terá lugar no salón do Club Artístico de Ribadavia será a cargo do grupo de música galego “Fillos do Estramonio”, con entrada libre.

As entradas para o Pasaxe do Terror poderánse mercar a partir do 20 de outubro en Lisanavia en Ribadavia e o mesmo día da festaa partires das 19:00h nao finca da MIT na Praza maior. Recordara que é un espectáculo para maiores de 12 anos cun aforo limitado e un máximo de 4 entradas por persoa.

Ademáis destas actividades destacadas tamén haberá un Baile de feiticeiros para os nenos, Desfile Meigo, grupos de percusión, grupos de Baile, teatro, queimada…. E tamén hai que estar atentos as redes sociais xa que haberá un Flasmob especial para a Noite Meiga…