O concello de Castrelo de Miño realizará distintas actividades relacionadas co Samaín neste ano 2017.

Samaín en Castrelo de Miño

O martes, 31 de outubro, ás 18:30 horas, no centro de Día de Vide celebraranse actividades infantís.

Obradoiro de Maquillaxe Terrorífica.
Animación musical con bailes e coreografías e dinámicas e xogos de Samaín para todos os nenos e nenas con monitores caracterizados.
Colabora o Consello Infantil e da Adolescencia de Castrelo de Miño.

A partir das 22 horas, no casco vello de Astariz terá lugar a Aldea Vella, atréveste a entrar?
Un tunel do terror para pasar unha noite de medo entre as casas, rúas e prazas do casco vello de Astariz. Entrada pola praza da Igrexa.

Organizado coa colaboración dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño.