Xa está na rúa o primeiro número de 2018 do Ourense por Barrios.

Ourense por Barrios xaneiro 2018

A portada desta edición está centrada no 19º Salón gastronómico Xantar e na manifestación que a cidadanía ourensá fixo en contra dos recortes en sanidade -tema que centra o tema do mes-. Tamén facemos un especial sobre Entroido en toda a provincia, que xa o temos petando na porta.

Dous temas salpicaron a normalidade da cidade estes días: a entrada en prisión dun home por raptar durante un mes e violar a unha muller, e líos montados na comisaría de Ourense da Policía Nacional, onde o roubo dunhas armas e o suicidio (agora barállase a firme posibilidade de que fora un homicidio) deixan a dous policías xemelgos investigados por estos feitos e uns cantos delitos máis.

Na Ponte realizouse unha reforma integral na Alameda da Ponte e colocáronse elementos biosaudables no parque do Pino. Os comerciantes e veciños do Vinteún pretende que se recupere a feira con caracter mensual e nun marco cultural.

O Colexio Amadeo Barroso incorpora Robótica no seu plan ademais do plurilingüismo na etapa de primaria. As obras da estrada OU-105, ao seu paso por Seixalbo, comezarán en verán; en total serán 1,5 km de tramo que se reformará. Ourense en Común organizou as terceiras xornadas de RePensar.

Na Valenzá, o vicepresidente da Xunta visita o remodelado parque dos Patos. Alumnado do Ferro Couselo participa en “A túa mellor versión”, un proxecto organizado polas Concellerías de Educación e de Mocidade do Concello de Barbadás.

Xa está aberto o prazo para o II Premios Youtubeir@s que remata o 15 de marzo. Mclan despediuse dos escenarios, durante dous anos, cun concerto que encheu o auditorio de Ourense. E o día 16 de febreiro chegan ao mesmo escenarios o grupo Café Quijano.

Este mes entrevistamos a Ascensión Pérez, presidenta do colexio de Enfermaría de Ourense quen nos fai balance de 2017 e nos fala dos proxectos de 2018.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.