Na rúa o número 173 de Barrios Deportivo.

Barrios Deportivo 173

A portada do Barrios Deportivo deste número trae o Campus Ourense Rugby, equipo de División de Honra B que na casa é infranqueable e fóra non suma ningún punto desde que comezou a tempada. O COB quere volver á senda das vitorias diante de Oviedo. E A Veronza volveu a acoller unha nova edición do Campionato de Galicia de campo a través.

En fútbol, a UD Ourense perde comba cos de arriba e xa é cuarto a catro puntos do ascenso, un ascenso no que está o Bande como segundo clasificado. En Terceira, o Barco é o mellor equipo ourensán situado na terceira posición seguindo a estela de Compostela e Bergantiños.

En voleibol vitorias de Hemisferios Ribeira Sacra e Dompa Gestión. En fútbol gaélico, vitoria e derrota dos equipos do Auriense FG. Do 9 ao 11 de febreiro, Ourense -concretamente o anexo dos Remedios- acolle o Campionato de España xuvenil de hoquei sala onde o Barrocás tentará dar a sorpresa: Terrasa e Complutense son os favoritos.

En fútbol sala, mentres o Cidade das Burgas perde opcións de manter a categoría, o Ourense Envialia aséntase en postos de Copa de España. O Sala Ourense, pola súa banda, continúa líder na Terceira división. O seu partido contra O Parrulo na Copa Galicia saldouse cun 1 a 6 en contra e coas bancadas chegas de seareiros.

O Club Salvour proclamouse, en categoría máster, campión de Galicia de salvamento acuático en augas pechadas. O Xadrez Ourense mantense na segunda posición na División de Honra.

Todo isto e máis, no número 173 de Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha