Semana con catro títulos na Filmoteca do Cineclube.

Máis cine no Padre Feijoo

O luns chega o falso documental, ás 20.30 e 23.00 horas -entrada entre 2 e 2,5 euros-, de Victor García León, Selfie, premiado en Málaga polo seu Xurado e Público.
Unha irreverente comedia que recolle moitos elemento recoñecibles na España da corrupción política.

O martes proxectarase, dentro do IV Ciclo de Cine e Medicina do Colexio de Médicos de Ourense, Proxecto Nim, documental de James Marsh que aborda a investigación con animais. Haberá unha única sesión ás 19:30 horas e a entrada de 4 euros.

Sen amor é a película que chega o mércores, 28 de febreiro (pases ás 18, 20.30 e 23 horas). Unha parella que atravesa un divorcio debe xuntar forzas para atopar ao fillo, desaparecido tras unha das súas pelexas. As entradas á venda entre 4 e 5 euros.

E o xoves, 1 de marzo, Copel: Una historia de rebeldía y dignidad. Con sesión ás 20.30 horas e entrada de balde ata completar o aforo. O 1 de agosto de 1976, os medios empezaron a informar sobre o estalido dun motín no cárcere de Carabanchel. Os actos de protesta no centro penitenciario parecen estar encamiñados a mostrar a súa desaprobación pola amnistía decidida o venres polo Rei, fundamentalmente prevista para delitos de tipo político e de opinión. Na azotea da prisión colocouse unha pancarta na que se lía «Liberdade». Acababa de nacer a COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a organización dos presos sociais que se consideraban igual de vítimas do réxime franquista que os presos políticos de Franco. Reivindicaban a amnistía para todos. Presos á rúa, era o seu lema. Sen distincións.

As películas serán proxectadas na Biblioteca pública – Casa da Cultura de Ourense.