O Carballiño atópase entre os concello coa mellor evolución da taxa de desemprego da provincia.

O paro descendou un 31% no Carballiño nesta lexislatura

O paro rexistado descendeu o pasado mes de febreiro no municipio do Carballiño en 55 persoas, pasando de 958 a 903. Isto supón que, dende maio do 2015, cando tiveron lugar as últimas eleccións municipais, o número de demandantes de emprego baixou en 405 persoas, é dicir un 30,9%. Daquela había rexistradas 1.308 persoas fronte ás 903 que hai na actualidade.

Iste dato sitúa ao Carballiño entre os concellos coa mellor evolución da taxa de desemprego da provincia.
Estas cifras, con ser positivas, espérase que o sexan ainda máis de cara ao verán polo repunte do sector dos servizos na primavera e tempada estival. Así o amosa o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que cre que neste descenso do paro ten moito que ver o reforzo do departamento municipal de orientación laboral, así como a posta en marcha do novo obradoiro e do plan integrado de emprego “Carbaemprega”, que forma actualmente a 85 persoas desempregadas en actividades cunha forte demanda no Carballiño como son soldadura, hostalería e atención sociosanitaria.

No Plan integrado de emprego do 2017 atoparon colocación 42 das 60 persoas inscritas, e neste plan integrado agárdase que a atopen como mínimo o 40% das 85 persoas inscritas.
E tamén incide nesta evolución favorable o dinamismo que amosan as empresas punteiras do sector industrial carballiñés, como son a empresa de aeroxeneradores GRI e a empresa de construccións metálicas DIZMAR. Ambas empresas colaboran estreitamente no plan integrado de emprego e, a finais do pasado ano, tamén participaron na impartición dun curso de soldadura promovido pola Asociación de empresarios do Polígono Industrial e Parque Empresarial carballiñés conxuntamente co concello.

A ocupación da práctica totalidade das parcelas industriais do Carballiño require a ampliación da zona industrial, e de aí que dende o concello se inste a incrementar a dotación de solo industrial.
Tanto no sector industrial como no de servizos hai marxe de crecemento, e por iso as políticas municipais diríxense a promover iniciativas en ambos sectores. Así, a posta en marcha do novo matadoiro, coa creación de 18 postos de traballo directos, e que pode ser o xerme doutras iniciativas vencelladas co sector cárnico, ademáis da nova pranta que constrúe a empresa GRI, e na que se crearán 55 novos postos de traballo, apuntan ao fortalecemento da actividade industrial a curto prazo.

E no mesmo sentido poden englobarse outras iniciativas no sector dos servizos, como o proxecto de ampliación das instalacións termáis do Gran Balneario, ou do proxecto hostaleiro novedoso da Casa Gazpara, que xa está en execución e está previsto que se inaugure antes do verán.
Por todo isto, tanto dende a concellería de Promoción Económica como dende a alcaldía, agárdase que o paro poida seguir descendendo durante este ano, e que os postos de traballo que se creen sexan de maior calidade.
Ao respecto, dende o concello seguirase facendo fincapé na necesidade de mellorar a formación dos traballadores e traballadoras, en colaboración coa Xunta e a Deputación provincial, como sucede co obradoiro e o plan integrado de emprego, así como co departamento municipal de orientación laboral.