Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Barrios 49

A portada desta edición trae o día histórico que se viviu o 8M coas mulleres da provincia reclamando igualdade. Ademais o CEIP Carlos Casares, de Xinzo, renovarase para acadar máis aforro enerxético. O Lázaro 2018 chega cargado de actividades, entre elas moito deporte.

A provincia sufriu o paso da borrasca «Félix», que anegou innumerables áreas e desbordou ríos. A biblioteca de Verín tivo a visita do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Medio Rural quere incentivar terreos para explotación en Cualedro e Oímbra. A DO Monterrei participará en Agro + Verín.

A oposión do Concello de Xinzo solicita un pleno urxente para pedir a dimisión do alcalde, Antonio Pérez. O CDR O Viso organiza en abril un curso sobre mantemento de xardíns. O IGAPE explica as súas axudas aos empresarios e comerciantes de Prolimia.

O Carballiño pon en marcha o programa Apego para promover o uso do galego no ámbito familiar. A rúa Otero Pedrayo estará en obras durante un mes. O paro descendeu na vila do Arenteiro. Xa se coñece o programa da Semana Santa.

En Allariz rehabilitarase a praza do Matadoiro durante os meses de abril e maio. Celanova prepárase para a Feira da oportunidade do Xoves Santo.

A Xunta construirá vivendas públicas en Cenlle. Carlos Casares recibe, a título póstumo, a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense.

Deporte, artigos e máis no número 49 do Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha