Tamén proxectarase dous películas.

Curtas galegas no Padre Feijoo

Os días 19, 20 e 21 de marzo o Cineclube Padre Feijo proxectará unha sesión de curtas e dous películas na biblioteca municipal de Ourense.

O luns de 19 de marzo, curtas galegas «Mulleres. Condición feminina», ás 20.30 e 23 horas. Acceso de balde ata completar aforo.
A sesión programada polo Cgai-Filmoteca de Galicia está integrada por «Pois iso, que te quero» de Beatriz Belmonte, «Atisbos» de Iria Silvosa, » Palmira» de Diana Gonçalves e a galardoada «Matria» de Álvaro Gago, con premios no festival estadounidense de Sundance e na Seminci de Valladolid, que estará na presentación da proyección.

O martes 20 chega a terceira película do IV Ciclo de Cine e Medicina do Colexio de Médicos de Ourense. Life Feels Good céntrase nun caso real de parálisis cerebral naquela Polonia que chegaba á democracia. Única sesión ás 19:30 horas. Entrada, 4 euros.

E o mércores, 21 de marzo chega a comedia negra británica do ano. The party é unha comedia sarcástica, cunha sátira sobre problemas mundanos e absurdos. Os seus protagonistas teñense que rir de si mesmos cando visualizan o mediocres que en realidade son. Pases ás 18, 20.30 e 23 h. Entrada 4 euros/5 euros (asociados/publico xeral).