Xa o levamos facendo varias semanas pero agora xa é oficial. O Barrios distribuirase semanalmente!

O Barrios convértese en semanal

A partir de agora, Ourense por Barrios e Barrios Deportivo únense nun so xornal -Barrios- que se repartirá cada sete días. E con información da cidade, da provincia e do noso deporte. Para ter toda a información nun só xornal. Buzonearase e repartirase en bares, cafeterías, comercios e eventos deportivos.

Neste Barrios, a portada céntrase en tres novas. A estrada de Reza contará cunha senda peonil e ciclista de máis de 2 quilómetros, ademais dunha senda luminiscente de 350 metros na zona de Outariz; así o anuncio o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia. Xa foi presentada a oitava edición do circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense» que terá a súa primeira cita o 22 de abril no barrios do Vinteún. Ademais, entrevistamos a Víctor  Pérez, Doutor en astrofísica pola Universidade de Arizona.

O pleno dos mil reproches, así titulamos a nova do pleno extraordinario polos 1.000 días de goberno municipal. Un convenio pioneiro, entre Xunta e Concello, axilizará as intervencións no núcleo etnográfico de Seixalbo. En Barbadás organízase este domingo 8 de abril a Xuntanza Cabalar de Barbadás con xinetes e amazonas de Galicia e Portugal. Ourense aforrará 80.000 euros anuais coas obras no suministro da enerxía ao pavillón dos Remedios. A Dirección Xeral de Tráfico entrega o manual de boas prácticas ao alcalde.

En Maceda, equipos informáticos para a súa biblioteca. A exposición “Entre liñas” conmemora o 110 aniversario do pasamento de Curros con material inédito. A ponte Pedriña de Celanova será reformada tralo convenio asinado entre Cultura e Concello. 70 actividades para a próxima Festa do Boi que se celebrará do 26 de maio ao 3 de xuño.

Na Rexional Preferente de fútbol chega o derbi máis agardado, UD Ourense – Bande, este sábado ás 18:30 horas no Couto. Os veteranos do balonmán reúnense nos Remedios coa disputa da 8ª xuntanza “Cidade de Ourense”. O COB recibe a Manresa este venres ás 21 h no Pazo.

Do 12 ao 28 de abril a Miteu traerá espectáculos de sete países. O Festival de Jazz prolóngase de abril a xuño. Comeza o concurso para elixir o cartel da Festa dos Maios; o gañador recibirá un premio de 800 euros. Todo isto e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha