Foi presentado un simulador de conducción no centro comercial.

O Ralicross de Montalegre séntese en Ponte Vella

O simulador de carreiras estará na pranta baixa, fronte ao punto de información.  O vehículo/simulador estará en Ponte Vella ata o día 26 de abril (xoves) con motivo da segunda proba do Mundial de Ralicross da FIA que terá lugar na localidade portuguesa de Montalegre os días 28 e 29 de abril (sábado e domingo).

O simulador estará a disposición do público que o desexe probar de forma gratuíta de luns a sábado en horario de 12 a 1 e de 17 a 21 horas e o domingo 22 de 16 a 22 horas. Os usuarios que fagan o mellor tempo de cada xornada conseguirán unha entrada gratuíta para ver o Rally puntuable para o campionato do mundo.

Na presentación estiveron presentes autoridades do concello de Montalegre (limítrofe coa nosa provincia), o concelleiro de deportes do Concello de Ourense e membros do consello de administración do Centro Comercial Ponte Vella.