A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta en San Caetano ao alcalde do concello de Esgos

30.000 euros para acondicionar os camiños de Esgos

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta en San Caetano ao alcalde do concello de Esgos, Mario Rodríguez, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas deste municipio respecto ao agro.

Así, ambos dirixentes estiveron analizando as actuacións levadas a cabo no acondicionamento dos camiños de titularidade municipal, sendo o orzamento para este ano de case 30.000 euros.

A conselleira destacou que estas inversións redundan directamente nunha mellora das comunicacións e da calidade de vida dos habitantes desta zona.

Neste senso, salientou os máis de 100.000 euros destinados nos últimos tres anos a este fin, a través do Plan marco de camiños. A titular de Medio Rural lembrou tamén que a contía para toda Galicia ascende este ano a 16 millóns de euros, dos cales 3,7 millóns de euros son para concellos da provincia de Ourense.