Celébrase este sábado, 12 de maio, na pista de atletismo do Campus de Ourense.

Gran cartel no Ourense Termal Athletics Meeting

300 atletas, de diversas nacionalidades, están anotados na quinta edición do Ourense Termal Athletics Meeting cun cartel que promete fortes emocións de principio a fin. A xornada será vespertina e dará comezo ás 18 horas para rematar pasadas as 21 horas.

O primeiro meeting do ano é o referente do noroeste peninsular, no que se darán cita os mellores atletas galegos xunto con outros que dan que falar no atletismo actual. Tampouco faltarán as probas para os máis cativos, os que durante unha xornada sentiranse como auténticos profesionais do atletismo.

No tartán do Campus haberá moitos deportistas que buscarán grandes marcas para poder participar en citas internacionais ás que deberán acceder cunha mínima. Unha delas será a atleta do Celta Nediam Vargas que estivo presente na presentación do meeting.

As probas irán desde os 100 metros ata os 5.000 (nesta última proba contarase coa presenza do atleta local Alejandro Fernández), ademais do concurso de saltos de lonxitude.
Unha das probas máis destacadas será a serie A dos 1.500 metros -tanto en homes coma en mulleres- nos que contarase con lebres, para que na carreira masculina se baixe de 3.4o e na de mulleres, de 4.20.

Horarios e inscritos en www.ourensemeeting.es.