En favor da Fundación “Neuroburgas”.

III andaina solidaria da Peroxa

A Deputación de Ourense foi o lugar da presentación da terceira andaina solidaria da Peroxa.

“Deporte, turismo, natureza e por riba de todo solidariedade, son as razóns que moven un ano máis aos organizadores da III Andaina solidaria da Peroxa para poñer en marcha unha iniciativa coa que colabora a Deputación de Ourense e na que destaca o seu alto grao de compromiso social”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández na presentación deste evento, que terá lugar o vindeiro domingo, 13 de maio, ás 9.30 horas.

No acto de presentación participaron ademais do tenente de alcalde do Concello da Peroxa, José Manuel Rodríguez, e de Delfín Campos, presidente da Fundación Neuroburgas, detalláronse os percorridos da andaina –de 8 e 17 quilómetros-, que terán como punto de partida e regreso a praza do Concello e que discorrerá polo “Camiño da Coroa” do municipio da Peroxa. A recadación da inscrición, cun custe de 5 euros, irá destinada á Fundación Neuroburgas. As inscricións estarán abertas ata media hora antes do inicio das probas.