A segunda xornada disputouse en Vilamarín.

Liga Interclubs de hípica

O domingo 13 de maio celebrouse en Vilamarín a segunda xornada da liga interclubs na que participan 6 equipos, catro da nosa provincia, un de Lalín (Pontevedra) e outro de Monforte (Lugo), todo elo amparado pola Federación Galega de Hípica.

Na categoría de asento e posición, a primeira onde poden participan os máis cativos, resultou gañadora Laura Bermúdez de Coles, seguida de León Feijoo do C.H. Juan Oliveira (Lalín) e Martín Díaz tamén de Coles.
Na promoción 1, onde participan os que teñen menos experiencia, a Hípica Vilamarín, copou os tres primeiros postos con Laura Atrio, Ticiana Domínguez e Idoia Camiruaga.

A seguinte promoción de acordo coa experiencia é a 2. Aquí, tamén quedaron primeiro e segundo os xinetes da Hípica Vilamarín, Javier Carrera e Blanca Babarro e terceira Verónica Presas da Hípica Coles.
Na promoción cos xinetes máis experimentados, a 3, venceu Marta Rodríguez, seguida de María Gil, ambas da Hípica Vilamarín, e terceiro Samuel Sotelo da Hípica Coles.

Tralo remate desta segunda xornada, a Hípica Vilamarín encabeza a clasificación da terceira liga interclub Sur-Este de Galicia con 38,4 puntos, seguido de preto pola Hípica Coles con 37,60 puntos e a de Allariz con 36,6 puntos.

A seguinte xornada será o día 3 de xuño na Hípica de Coles.