Celebraranse os días 25 e 26 de maio.

As Xornadas de Novela Histórica de Verín contarán con Javier Sierra

O gañador do último premio Planeta, Javier Sierra, participará na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín. Devandito evento celebrarase o 25 e 26 de maio na Biblioteca Municipal. Xunto a Sierra acudirán á vila do Támega outros cinco escritores de renome como son: José Calvo Poyato, José Luis Corral, Toti Martínez de Lezea, Alejandro Corral e Antonio Piñero Sanz.

O principal obxectivo destas xornadas é realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos dos autores deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran.

Programa
Venres 25 maio
-11:00-13:00 h: Taller intensivo de escritura creativa, “Cómo escribir unha primeira novela e publicala”, con Alejandro Corral, modera e
coordina Noa González Sousa.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
Inscrición obrigatoria, máximo 20 persoas.
O presente obradoiro de escritura creativa pode desenvolver a capacidade creativa e as habilidades de escritura dos máis novos, (aínda que está aberto ao todo o público en xeral) potenciando o pensamento diverxente ao finalizar o mesmo. Tamén tratarase o proceso de edición dun libro ata chegar a súa publicación.

-18,30 h. Inauguración das Xornadas (con presenza de autoridades de Verín).
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo

-19,00 h.: José Calvo Poyato: “A novela histórica en España a comezos dos. XX”.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
José Calvo Poyato, autor de novelas como «Sangre en la calle del Turco» ou «El espía del rey», dará a conferencia inaugural sobre “A novela histórica en España a comezos de século XXI”. Calvo Poyato falará sobre a importancia deste xénero no panorama literario español actual e o fenómeno de ventas e autores que colocou á novela histórica coma o tema literario máis demandado e vendido en España nos últimos vinte años.

-19,45 h.: José Luis Corral: “Los Austrias”, da historia á novela.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
José Luis Corral, autor de «El Cid» ou «La prisionera de Roma», presentará a súa serie sobre os Austrias, e repasará a importancia desta dinastía no cambio transcendental que provocou na historia de España nos primeiros decenios del século XVI.

-20,30 h: Mesa redonda: “¿Pódese aprender historia coa novela histórica?”, con José Calvo Poyato e José Luis Corral; modera Miguel Ángel Losada García.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo

Sábado 26
-12:00 h.: Toti Martínez de Lezea: “As minorías e os marxinados na novela histórica”.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Toti Martínez de Lezea, con obras publicadas coma «La abadesa» ou «La universal», é unha das autoras de referencia da novela histórica. Os seus libros normalmente están protagonizados por personaxes anónimos e esquecidos; deles falará nunha charla na que repasará cómo os trata nas súas novelas que son un gran éxito de público.

-13:00 h.: Presentación «Batallador», de José Luís Corral e Alejandro Corral: Alfonso I de Aragón e de Castela e a súa presenza en Galicia.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
José Luís e Alejandro Corral, (xove autor de «El cielo de Nueva York»), presentarán a súa novela Batallador, escrita a catro mans co seu pai. A novela ten coma protagonista a Alfonso I de Aragón, Pamplona e Castela, un monarca moi controvertido e de convulsa vida, que casou con Urraca de León e protagonizou boa parte da historia de Galicia na segunda década do século XII.

-18:30 h.: Antonio Piñero: “Os Evanxelios e o Santo Grial”.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Antonio Piñero, autor de «Herodes el Grande» e «El trono maldito», é un dos maiores especialistas europeos sobre Jesucristo, os primeiros anos do cristianismo e do Novo Testamento. Piñero fará unha introdución ao tema do Santo Grial e o papel que desta reliquia, a máis sagrada da cristiandade, cumpre nos Evanxeos.

– 19:15 h.: Presentación «El fuego invisible», de Javier Sierra, premio Planeta 2017.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Javier Sierra, autor de obras tan coñecidas coma «La cena secreta» ou «El maestro del Prado», presentará en Verín a súa novela «El fuego invisible», unha fascinante viaxe en torno ao misterio do Santo Grial. Javier Sierra gañou con esta novela o último premio Planeta. Na súa charla desvelará os grandes misterios da procura que o levou a escribir esta obra.

– 20:00 h.: Mesa redonda: “O Santo Grial na novela histórica”, con José Calvo Poyato, José Luís Corral, Antonio Piñero y Javier Sierra; modera Miguel Ángel Losada García.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo

– 21:15 h.: Clausura das Xornadas (presenza de autoridades de Verín)
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo