A 26ª edición terá lugar o 3 de xuño.

Mudelos acolle a Festa das Parroquias

Mudelos acollerá, por segunda vez, a Festa das Parroquias, que este ano celébrase o domingo, 3 de xuño. Esta 26ª edición comezará ás 11 da mañá con pasarrúas polas aldeas do grupo de gaitas Chimpafigos, de Cabeza de Vaca. Ás 12 terá lugar a misa na igrexa parroquial de Mudelos, e á unha, haberá o tradicional concerto da Banda Escola de Música do Carballiño. O xantar será ás 14 horas e o menú será a base de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño e café. O prezo de menú é de 18 euros. As tarxetas para o xantar pódense adquirir nas asociacións de veciños.

A partir das 5 da tarde comezarán os xogos e a animación musical. Campionato de subastado e brisca (equipos de catro); xogos populares, como zancos, aros, a ra, chave e pentanca; e a entrega do ramo á asociación que se vaia a encargar da organización da festa do 2019 serán as actividades.