Ourense celebraa o domingo 3 de xuño con rutas de 40, de 70 e de 120 quilómetros.

VII marcha cicloturista Cidade de Ourense

A sétima marcha cicloturista Cidade de Ourense, que se celebrará o vindeiro domingo 3 de xuño con saída e meta no Pazo dos Deportes Paco Paz, ofreceralles aos aficionados á bicicleta de montaña (BTT) tres rutas de 40, de 70 e de 120 quilómetros respectivamente. “Unha fórmula fantástica para conxugar os hábitos de vida saudables, a paixón polo deporte das dúas rodas e a maxestosidade das paisaxes ao redor da nosa cidade”, sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación da cita deportiva.

As rutas percorrerán os concellos de Ourense, Barbadás Toén, Cartelle, A Merca, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Celanova, e Quintela de Leirado, e prevese unha participación de 400 persoas, segundo as estimacións do Clube Ciclista Dúas Rodas, organizador da proba co apoio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e da Deputación Provincial.

A inscrición terá un custe de 10 euros para federados nas rutas de 40 e 70 km., e de 20 euros para os participantes na ruta extrema. Os non federados, ademais, deberán aboar 5 euros en concepto de seguro de accidentes. En calquera caso, os organizadores destacan o espírito lúdico da proba. “Trátase dunha marcha non competitiva”, en palabras do rexedor, “aberta para persoas maiores de 16 anos, pero na que o importante, e desta vez con maior motivo, é participar, gozar do ambiente e ser feliz sobre dúas rodas”.
A novidade desta edición será a entrega dunha camisola técnica para a práctica do ciclismo valorada en 55 euros. Toda a información sobre inscricións e sobre as rutas, neste enlace.