Celebrarase entre o 22 e o 24 de xuño no Paco Paz e en Expourense e reunirá a preto de 2.000 deportistas.

Ourense acolle por primeira vez o Campionato de España de Baile Deportivo

Entre os días 22 e 24 de xuño, Ourense converterase na capital española do Baile Deportivo e do Baile Social. A cidade acoller por primeira vez o Campionato de España de Baile Deportivo que reunirá a preto 2.000 deportistas de todo o país e, de xeito simultáneo e complementario, celébrase tamén o 1º Congreso Internacional de Baile Social “Ourense, Provincial Termal” que inclúe shows, espectáculos e masterclass con algún dos mellores bailaríns e orquestras do Mundo. Ambos eventos decorrerán en dúas importantes insfraestruturas da cidade, o Paco Paz e Expourense, que pola súa proximidade física, facilitarán a asistencia.

Campionato de España de Baile Deportivo
Ourense acolle o Campionato de España de Baile Deportivo 2018 organizado pola Federación Española de Baile Deportivo. Está confirmada a participación de preto de 2.000 deportistas de todo país con idades dende os 8 anos ata máis de 60 que virán ademais acompañados polas súas familias. Este Campionato inclúe a celebración das seguintes probas:
Campionato de España de Bailes Caribeños
Campionato de España de Danza Coreográfica
Campionato de España A Nacional Latinos e Standard
Campionato de España de Hip Hop
Campionato de España de Line Dance
Campionato de España de Latinos
Trofeo Nacional Ourense Provincia Termal
Copa Promoción Ourense Capital Termal
O horario das competicións pode consultarse en: http://campeonato.bailaconmigo.com/

Gala de Clausura
Os Campionatos de España de Baile Deportivo concluirán na gala de clausura que terá lugar o domingo 24 no Paco Paz a partir das 20.00 h. na que se celebrará a Final do Campionato de Latinos. Esta gala estará presentada polo xornalista da TVG, Rodrigo Vázquez, e contará coa actuación de Soraya Arnelas (Operación Triunfo/, Daniel Minimalia, Miguel Arias, Aneu, Trío de Ases e Fillos do Estramonio.

1º Congreso Internacional de Baile Social “Ourense, Provincia Termal”
De xeito paralelo ás competicións oficiais do Campionato de España celébrase o Congreso Internacional que inclúe a participación de 90 dos mellores bailaríns do Mundo procendentes dunha ducia de países. Estes artistas ofrecerán exhibicións-espectáculo e algún deles impartirán masterclass. Entre eles destaca a presenza do neiorquino Eddie Torres, coñecido como o “Rei do Mambo” e unha das figuras máis recoñecidas do baile latino a nivel mundial. Tamén é de subliñar a participación do dúo Gaby & Martin Alma Latina de Tijuana (México) que actuarán por primeira vez en España.

Durante os tres días, ao rematar as competicións oficiais do Campionato de España estes artistas ofrecerán exhibicións no Paco Paz e cando estas rematen darán comezo as festas nocturnas en Expourense coa participación de dj’s de fama internacional como Pablo Bat da Arxentina ou Hugo Leite de Portugal. Ademais actuarán as coñecidas orquestras españolas “Tromboranga Salsa Orquesta” e “Sonoridad”.

Entradas
Trátase dunha oportunidade única para o público ourensán afeccionado ao baile. As entradas están dispoñibles na web www.entradas.ourensebaila.com. Os prezos parten dos 15 euros que custa o acceso en grada xeral por día para ver as competicións do Campionato de España e os tamén 25 euros por noite que inclúen o acceso a un espectáculo no Paco Paz con bailaríns internacionais e a unha festa nocturna en Expourense coas mellores orquestras da actualidade. Hai descontos especiais para pensionistas.