Organizado polo Club Milenio Ourense e o Consello Municipal de Deportes, desenvolverase nos meses de xuño, xullo e agosto logo da reforma integral das instalacións.

Oira acolle o Circuíto Galego de Volei Praia, puntuable para o ‘ránking’ nacional

As instalacións de volei praia do complexo deportivo de Oira acollen, durante os meses de xuño, xullo e agosto 2018, as competicións do Circuíto Galego de Volei Praia. A cita, organizada polo Club Volei Praia Milenio Ourense e o Consello Municipal de Deportes, dará a posibilidade de inaugurar as dúas novas pistas regulamentarias para a práctica de volei praia, unhas “instalacións que nos ofrecen a posibilidade de desenvolver campionatos locais, autonómicos ou de carácter nacional durante os meses de verán”, en palabras do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Ademais das dúas pistas regulamentarias, o novo recinto Oira Praia contará cunha zona de lecer para os deportistas e unha caseta adaptada como zona de vestiarios e como local social para a organización de eventos e dos distintos campionatos de volei praia que se celebren este ano, tanto nos circuítos autonómicos e nacionais. Esta reforma integral das instalacións posibilitará, ademais, o adestramento adecuado para os xogadores federados para competir nas distintas probas autonómicas e nacionais.

Calendario de probas:
– 7-8 xullo – 2º Torneo Categorías Inferiores Milenio
– 13-15 xullo – 1º Torneo Sénior Do Campionato Galego
– 20-22 xullo – Proba Categorías Inferiores Campionato Galego
– 4-5 agosto – 3º Torneo Categorías Inferiores Milenio
– 10-12 agosto – 2º Torneo Sénior Do Campionato Galego
– 18-19 agosto – 4º Torneo Categorías Inferiores Milenio
– 24-26 agosto – 3º Torneo Sénior Campionato Galego (PROBA Final)
– 1-2 setembro – 5º Torneo Categorías Inferiores Milenio

XIII Torneo «Cidade de Ourense»
Na presentación do Circuíto presentouse, ademais, a décimo terceira edición do Torneo Cidade de Ourense de Volei Praia, dentro da programación das Festas de Ourense, unha proba que, coma as anteriores, tamén é puntuable para o ránking galego e nacional.
Os partidos comezarán este xoves, coa disputa das fases previas. O sábado 30 terá lugar a competición masculina e, durante o domingo, a feminina.