Será o domingo, 14 de xullo.

A Cruz Vermella Monterrei organiza súa I Andaina Solidaria en Verín.

O vindeiro 14 de xullo celebrarase a I Andaina Solidaria de Verín organizada pola Cruz Vermella Monterrei en colaboración co Concello de Verín. O percorrido será de 6 kilometros, comezará na Praza da Merced e chegará ata a localidade veciña de Tintores, bordeando o Río Támega.

As inscricións serán de 5 euros, correspondentes a adquisición dun boleto do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella. Será de balde para os menores de 12 anos.

A inscrición inclúe avituallamento durante o percorrido e ao final da andaina así como a posibilidade de voltar dende Tintores ata Verín en autobús.

Para inscribirse pódese facer de maneira presencial en Deportes Vega, Ferretería Lucas, Café- Bar A Dorna, Cafetería Meigallo, nas propias oficinas da Cruz Vermella en Verín ou o propio día da andaina antes da saída. Ademais, si se prefire, pódese facer un ingreso co concepto de “Andaina, nome e DNI do/a participante” na conta ES59-2100-4148-2522-0001-2111.