Esta proba popular terá lugar o vindeiro domingo 8 de xullo.

Primeiro triatlón Olímpico de Castrelo de Miño

Organizado polo clube de atletismo Corredores do Miño e coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño celébrase o domingo, 8 de xullo, o primeiro triatlón olímpico de Castrelo de Miño.

Distancia olímpica
Esta proba constará dun circuíto de 1.500 metros a realizar nadando nas augas do encoro, 40 km en bicicleta polas estradas do concello e outros 10.000 metros correndo. É un circuíto moi tecnico e rápido, e estará totalmente pechado ao tráfico para cubrir a distancia na proba que se disputa nos Xogos Olímpicos.

Con tal motivo o concello de Castrelo de Miño xa repartiu un bando informativo por todo o concello informando do corte de circulación da estrada OU-402 ao seu paso por Castrelo de Miño, entre os lugares de Troncoso e A Ponte, entre as 9,15 e as 12,15 horas do domingo 8 de xullo.

Xa se superan os 120 participantes, o que se considera un éxito, dada a dureza da proba na súa primeira edición. Motivo polo que o concello de Castrelo de Miño transmite os seus parabéns ao Clube de Corredores do Miño, organizadores deste novo evento deportivo que nace coa intención de celebrarse moitos máis anos en Castrelo de Miño.