Xa está na rúa o número 64 de Barrios.

Barrios 64

A portada deste novo número trae a Batucada que se celebra en Verín, e a Festa do Pulpo do Carballiño. Ademais, arenovación eléctrica no IES As Lagoas de Ourense. En deportes, o Club Ourense Baloncesto xa coñece o seu calendario para este ano na LEB Ouro. E entrevistamos a Manuel Carnero, presidente da AVV Agarimo.

Nas novas da cidade, a Xunta dubida que o parque comarcal de bombeiros estea operativo neste ano. Adxudicadas as obras do número 14 da rúa Cervantes cun investimento de máis de 581.000 euros. As zonas verdes, no punto de mira da AVV As Termas; os veciños esixen melloras na limpeza.

En Verín, a DO Monterrei celebrou o seu cuarto de século. O parque da Preguiza, preto de ser realidade; completouse o expediente de expropiación dos terreos. A eficiencia e a mobilidade unen en Verín; a corporación municipal aprobou a solicitude de dúas subvencións. A III edición do FIC Vía XIX xa ten datas; do 1 ao 9 de decembro e xa están activas as bases.

No Carballiño, a Festa da Palabra homenaxea a Víctor Campio. A praza Maior acolle a semana grande dos cativos.

Na provincia está aberto o prazo para as axudas de puntos de atención á infancia, o prazo remata o 10 de agosto. Un bus percorrerá as adegas do Ribeiro ata setembro. Carlos Núñez trae a Ourense a xira “Lugares máxicos”. A Xunta oferta cinco campamentos de verán; para máis de 700 mozos de 9 a 17 anos.

En deportes, O CNPO cumple en Reus, no Campionato de España máster, e traese 22 medallas. Iván Salgado e Yudania Hernández convocados coa selección de xadrez, para a XLIII Olimpiada de Georgia.

Todo isto e máis no número 63 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha