Xa está na rúa o número 66 de Barrios.

Barrios 66

A súa portada trae as obras de renovación da avenida Otero Pedrayo que desde a Xunta cren que estará lista para o mes de setembro. No CHUO instálase a arte urbana para humanizar os espazos de ingresos no Materni-Infantil. Verín agarda o festival urbano «Extruga street» que terá lugar os días 31 de agosto e 1 de setembro. Ademais, a UD Ourense logra a súa primeira vitoria na Terceira división.

A Xunta avanza no deseño dun parque acuático no complexo de Monterrei coas críticas de Democracia Ourensana e PSOE. Novos semáforos na rúa Quintián do barrio da Ponte.

Concello e Viaqua evitan o corte de auga en 51 casos a persoas en risco de vulnerabilidade. OUeC acusa ao Concello de non concluír a reforma do Paseo do Barbaña.

En Verín, a súa biblioteca recibe un novo galardón: o do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo”; ademais, esta renóvase con seis novos equipos informáticos. Na Feira do Viño da DO Monterrei superáronse as 25.000 degustacións.
O centro para atención aos maiores de Vilardevós abrirá en setembro. A provincia suma 27 casas niño. A Xunta explica o proxecto de mobilización de terras en Cualedro e Oímbra.
O Concello de Verín e a Fundación Vázquez-Gulías divulgarán e investigarán a obra do arquitecto.

No Carballiño, a Festa do Pulpo sumou un novo éxito. A X Festa da palabra homenaxeou ao poeta Víctor Campio.

En deportes, o COB xa conta con 10 xogadores na súa plantilla. A BTT inundará esta fin de semana A Veiga e Monterrei. O «Correndo por Ourense» da universidade (día 9) adiántase unha hora e dará comezo ás 11 horas.

Todo isto e máis no número 66 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha