Xa está na rúa o número 68 de Barrios.

Barrios 68

Na portada deste número sacamos a volta ao colexio para milleiros de nenos na nosa provincia que comezaron o curso escolar 2018-19 esta semana. A Galiña Azul de Xinzo rematou as reformas antes do inicio do curso. Na carreira da Universidade do «Correndo por Ourense» vitorias absolutas de Rubén Diz e Vicky Losada. E entrevistamos a Tino Iglesias, asesor hostaleiro.

Na cidade, o Móvete por Ourense chega ao rexistro do Concello para facerse realidade. Seixalbo contarán cun desfibrilador con aportacións dos veciños. A rúa Xaquín Lorenzo e o tramo de Cardenal Quevedo que vai do parque de San Lázaro á avenida da Habana serán peonis.

En Xinzo de Limia, O C.D.R. “O Viso” organiza para este sábado, 15 de setembro (a partir das 10 horas), a “II Xornada de convivencia para voluntariado” nas instalacións de Lodoselo. Xinzo Adiante laméntase do estado das depuadoras e pide a súa revisión.

“O polígono en cifras” analiza 40.000 datos de empresas e sectores de actividade. O Observatorio do rural, impulsado pola Deputación, será realidade.

En deportes, rematou a tempada de volei praia nas instalacións de Oira. O partido entre Ourense C.F. e U.D. Ourense, de Terceira división, suspendeuse pola tormenta. O Carracedo de Portugal gañou o O “Cidade de Ourense” de fútbol sala.

Un documental sobre Carlos Casares estase a gravar en Xinzo de Limia. Seixalbo ofrece un «Outono cultural» ata o 7 de outubro organizado pola A.VV. San Breixo.

Todo isto e máis, no número 68 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha