Incluiuno a Organización Mundial da Saúde (OMS).

O programa «DAFIS», na guía “Promoviendo la actividad física en el sector de la Educación»

O programa “Datos de Actividade Física Saudable (DAFIS)” e considerado un referente na UE para promover a actividade física e a saúde a través do ámbito educativo.

A Organización Mundial da Saúde -Europa- recolle na súa ultima publicación titulada: “Promoviendo la actividad física en el sector de la Educación. Estado actual y casos de éxito del Parlamento Europeo y Estados Miembros de la Unión de la Región Europea de la OMS” ó programa DAFIS elaborado ao amparo do PLAN GALICIA SAUDABLE, promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte -Fundación Deporte Galego- co obxectivo de facilitar aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte, a valoración da condición física dos alumnos, deportistas e da cidadanía en xeral que participa en iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez valora este recoñecemento ao programa DAFIS por parte da Organización Mundial da Saúde (Europa) porque “sustenta que é unha plataforma cun gran potencial para a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade infantil; unha ferramenta que mellora a saúde da nosa poboación a través da práctica regular de actividade física, exercicio físico e deporte”.

DAFIS é un instrumento “imprescindible para os centros galegos implicados en proxectos innovación educativa (Plan Proxecta) de vida activa e saudable, xa que lles permite coñecer o impacto real que ten na saúde do alumando a programación de actividades que levan a cabo para que os alumnos e alumnas galegos incorporen hábitos de vida activa no seu día a día”. Ademais o novo modelo de integración nos concellos de Galicia achega a posibilidade de “coñecer a situación real do 100% da poboación escolar dun municipio por rangos de idade e outros datos para poder planificar e implementar as medidas necesarias para a mellora da saúde a través da práctica diaria de actividade física”.

O programa DAFIS iniciouse no curso escolar 2012-2013, e nestes 5 anos participaron 72 centros educativos, con mais de 15.700 valoracións da condición física saudable realizadas correspondentes aos mais case 10.200 alumnos e alumnas valorados.