No salón de actos do Museo Claustro Mercedario.

Comeza na Uned de Verín os cursos de cata

Comeza no Museo Claustro Mercedario o primeiro dos dez cursos de cata impartidos pola Uned no territorio da DO Monterrei. A demanda de prazas superou ás 90 persoas, cifra que o Concello considera un éxito, polo que continuará cos dez cursos previstos, e considerará a realización dun novo ciclo especializado na enoloxía tamén o próximo ano.

Os 35 alumnos deste primeiro “Curso de cata de Monterrei ó mundo”, comezarán o venres co primeiro dos monográficos no salón de actos do Museo Claustro Mercedario, coas actividades tituladas “Variedades de uvas brancas de Monterrei”, “Cata de uvas brancas de Monterrei”, “Cata de mostos monovarietais” e “cata de viños brancos da DO Monterrei”.

As actividades continuarán o sábado pola mañá, centrándose neste caso nas variedades tintas, e explorando as características organolépticas tanto da uva, coma do mosto e finalmente do viño de todas as variedades autorizadas.

Este primeiro curso monográfico de cata será presentado polo alcalde, Gerardo Seoane, a presidenta da DO, Lara Da Silva, e o director do curso, Luis Padín; e impartido polo director técnico da D.O Monterrei, Luís Miguel López Núñez.

As restantes sesións monográficas, a desenvolver sempre en fin de semana ó longo de todo o ano serán as seguintes:
– Novembro: Viaxe polas rexións vitivinícolas dos Grandes Brancos de Europa: Galicia & Chablis, Mâconnais, Mosel, Vouvray, Soave, Graves, Alsacia, etc. Impartida por Luis & Alejandro Paadín, catadores do circuíto internacional (Mundial de Bruselas, Cinve, Top Ten, Citadelles, Terra Vino, etc.).
– Decembro: Champagne – CAVA & Escumosos de Galicia. Impartida por Luís Paadín e Alejandro Paadín, Campións de España de Embaixadores de Champagne, Formadores Homologados de Cava.
– Xaneiro: Defectos dos viños. Impartido por dúas enólogas, pendentes de confirmación).
– Febreiro: Maceracións carbónicas: Beaujolais nouveau, Rioja Alavesa, Toro, Tacoronte, Bierzo. Impartida por Luís & Alejandro Paadín, catadores del circuíto internacional (Formadores D.O. Ca Rioja).
– Marzo: Chardonnay do mundo, a uva máis viaxeira & Godello, a branca con alma de tinto. Impartida por Luís & Alejandro Paadín, catadores do circuíto internacional (Mundial de Bruselas, Cinve, Top Ten, Citadelles, Terra Vino, etc.).
– Abril: Cervexas artesanais de Galicia. Impartido por Javier López (experto en cervexas del mundo).
Maio: Brancos atlánticos, Galicia, Portugal, Asturias, Cantabria e país Vasco. Impartido por enólogo de Galicia (por determinar).
– Xuño: syrah ou shiraz & brancellao ou albarello. Impartido por enólogo de Galicia (por determinar).