Xa está na rúa o número 73 de Barrios.

Barrios 73

A noticia destacada de portada é a titulada «Provincia de cine», xa que nestas datas presentáronse sendos festivais: o FIC de Verín e o OUFF de Ourense.
Outras novas de portada son a celebración do 10º Salón do Automóbil, vehículo novo, que terá lugar en Expourense do 19 ao 21 de outubro, e un COB que buscará a terceira vitoria consecutiva este sábado, a partir das 19 horas, no Pazo Paco Paz.

Na cidade, o Espazo Lusquiños organiza tres obradoiros de música nestas datas. Presentáronse os actos polo 125 aniversario do nacemento do mestre Vide. O Goberno busca apoios para modificacións de crédito por 18 millóns; terán que ser aprobados nun Pleno extraordinario.
O Concello concede 95.000 euros en axudas extraescolares (o orzamento estará adicado a comedores escolares e acollida temperá).

En Verín, o Festival Internacional de Curtas recibiu 1.261 curtas; o FIC celebrarase do 1 ao 9 de decembro. Dez mozos galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos participan no campo de traballo transfronteirizo Eurocidade 2020. O PP de Verín acusa ao goberno local da perda dunha subvención para a rehabilitación de vivendas no casco histórico.

En deportes, boa dinámica dos equipos de Terceira división de fútbol. En fútbol sala falamos da actualidade de Sala Ourense, Ourense Envialia e Cidade das Burgas.

Axenda, clasificados, humor e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha