Xa está na rúa o número 74 de Barrios.

Barrios 74

A portada desta edición trae os orzamentos da Xunta de Galicia para Ourense que no 2019 ascenden a 1.223 millóns. Ademais completamos a portada con tres entrevistas: a Lois Babarro, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE); a Beatriz Rodríguez, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense; e a Marcos Prado, que vén de publicar a súa primeira novela «Luz, un camino truncado».

O pleno extraordinario do concello aprobou unha nova baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun 10%; perón non se aprobou unha modificación de crédito para pagar facturas pendentes que ascenden a 4,5 millóns. Ourense conta con 5,4 millón para obras nas áreas de rehabilitación integral. Do 26 ao 28 deste mes Expourense acolle o Salón do vehículo de ocasión.

O Carballiño, abriu o prazo, que rematará o 13 de novembro, de solicitude de axudas do espazo coworking. Este sábado celébrase no IES nº1 o “2ELO” que reunirá a escritores e influencers. Unha andaina cultural achegarase ata a torre de Godás dentro das actividades enmarcadas nos roteiros culturais de outono. A Xunta oferta 130 prazas para o programa “Xuntos polo Nadal” que terá lugar na Residencia de Tempo Libre. A XI Mostra de Teatro Amador encara a súa recta final coas últimas obras a escena no auditorio municipal. 14 establecementos participarán na Rutas das Tapas que celebraranse desde novembro ata maio do vindeiro ano.

En deportes, a Carballeira despide o “Correndo por Ourense” e saúda á San Martiño. Rubén Diz e Vicky Losada foron os gañadores do circuíto. Chega unha nova xornada de fútbol sala nacional para Sala Ourense, Ourense Envialia e Cidade das Burgas. Despois de perder fronte Oviedo, o Rio Ourense Termal visita a Castelló.
A Unión Deportiva Ourense trasladase ata Celanova para recibir ao Arousa como local; o encontro terá lugar este sábado a partir das 17 horas. O Campus Universitario Ourense sitúase terceira na División de Honra B. Gran experiencia para Blanco e Faye no mundial de shuaijiao disputado en China.

Artigos, clasificados, e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha