Na rúa o número 75 de Barrios.

Barrios 75

Na portada do novo número de Barrios a San Martiño é a protagonista. A carreira decana das populares galegas chega este domingo, 18 de novembro, a súa 42ª edición; entrevistamos ao seu coordinador, Roberto Abad. Gonzalo Pérez Jácome repetirá, por democracia Ourense, como candidato á alcaldía de Ourense. A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense presenta as súas cifras de negocio. Entrevistamos a Zeltia Lado, xerente do xerente do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Fomento, Xunta e Concello avanzan no proxecto da estación intermodal. A Administración autonómica pon en marcha as Directrices Enerxéticas 2018-2020, coas que busca movilizar máis de 3.000 millóns de euros no sector enerxético e xerar 12.000 postos de traballo.
Melloras na Escola Infantil de Barbadás, cunha achega de 27.000 euros da Xunta de Galicia. O parque Barbaña será o epicentro do magosto popular o domingo, 11 de novembro.

A CHMS axuda nas excavacións de Aquis Querquennis do Concello de Bande. A vila de Celanova e a historia dos seus escritores serviu de escenario para a segunda xornada da XXV edición do encontro da Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores de España (Acamfe).

Incisex (Instituto de Ciencias Sexolóxicas) e o Concello de Allariz firmaron un convenio coa finalidade de formar aos traballadores e traballadoras municipais de cara á igualdade.
Maceda arranxa catro rúas; Medio Ambiente fixo un investimento de 110.000 euros.

En deportes, o Club Hípico Vilamarín proclámase campión galego. O COB visita ao Huesca na sétima xornada da LEB Ouro. A Unión Deportiva Ourense mantense invicta na Terceira división.

O sábado, 10 de novembro, dúas citas culturais no Auditorio e Teatro Principal: no primeiro 160 músicos darán vida a Queen; e no segundo actuará o músico de jazz Ron Carter.

Axenda, clasificados, artigos, e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha