O equipo promesas é líder da súa categoría.

O EFF Rosalía cae ante o líder

As senior viaxaban ata o feudo do líder indiscutible da categoría, a EDVM Pereiró. Exemplo de compromiso do equipo nunha das visitas máis complicadas para o recén creado club e cas numerosas baixas con que acudían.

O equipo comandado nesta ocasión por Alba Rodríguez (debido a ausencia dos dous adestradores principais) acudiu á cita con seis infantiles (4 delas de primeiro ano) á casa do líder, o cal chegaba á cita con números de escándalo: 7 xogados, 7 gañados 59 goles a favor e só 3 en contra. Pola contra o EFF tiña as baixas de Alba, Sara e Zaira, xogadoras, todas, moi importantes para o plantel visitante.

Saiu a EFF Rosalía cun equipo de 15 anos de media de idade, pero sen complexos nun campo totalmente encharcado pola incipiente choiva. O Pereiró tentou levar o peso do xogo en todo momento, pero encontrouse cun incómodo rival o que a pesar de vencer 4-0 (3-0 ó descanso) non vendeu en ningún momento barata a derrota.

Na Liga Promesas, a EFF Rosalía “A” tiña ante si a posibilidade de colocarse como líder en solitario da categoría en caso de vencer as nosas amigas do Valladares. Comezou ben o equipo de Alba xa que no primeiro minuto de xogo eran xa quen de poñerse por diante no marcador. Porén, o Valladares non se viu abaixo e na primeira parte púxolles as cousas difíciles as ourensás que tiveron que empregarse a fondo e tirar do seu mellor xogo combinativo para levarse unha victoria que as coloca como líderes do grupo sur ao ser o único equipo que venceu os tres primeiros partidos.

Pola súa banda, a EFF Rosalía “B” presentábanse con importantes baixas o encontro contra o Umia CF, aínda así, na primeira parte foron quen de plantar cara as suas rivais na que a xogadora máis destacada foi a porteira. Chegouse ao tempo de lecer cun resultado moi apretado. Na segunda parte as ourensás viñéronse abaixo físicamente e isto fixo que o Umia se levara una sinxela victoria.