A 42ª edición conta con 11.036 inscritos.

A San Martiño pon a Ourense no centro do deporte galego

A carreira popular do San Martiño chega a súa 42ª edición cargada de novidades. Unha cita que pechou o prazo de inscrición con 11.036 inscritos e que volverá, xunto a Sportur, a poñer a Ourense no centro do deporte galego durante esta semana. Sportur celébrase en Expourense do 15 ao 17 de novembro, mentres que a San Martiño terá lugar o domingo, 18 de novembro.

Dos máis de once mil inscritos, 4279 son da carreira absoluta (nados en 2001 e anos anteriores); 2719 son escolares (nados entre os anos 2007 e 2002); e 4.038 son cativos e participantes da carreira inclusiva (nados entre 2008 e posteriores e persoas con diversidade funcional). Este ano os rapaces con idades entre os 7 e os 10 anos correrán a proba de cativos en vez de a escolar; a organización atendeu a demanda de moitos pais que pedían ese cambio.

Novidades
Este ano a decana das carreiras pedestres populares da nosa comunidade chega con novidades moi satisfactorias para, tanto os atletas como para os pais dos máis cativos que participen.
A máis destacada é a carreira inclusiva. Para persoas con discapacidade, estes correrán na mesma proba que o farán os cativos nados entre 2012 e posteriores.
A cerimonia de premios pasará da cancha central do pavillón dos Remedios ás pistas exteriores. O avituallamento colocarase na rúa Pardo de Cela, xusto despois da liña de meta.
E outra novidade será a retransmisión da proba por streaming. Ademais unha pantalla xigante instalarase na liña de meta para que o público poida seguir a proba en directo.