Barrios 76

A portada desta semana céntrase na San Martiño, proba que se disputa este domingo, 18 de novembro, e que conta con 11.036 inscritos. Outra das noticias de portada é a sinalización con paneis informativos de nove igrexas de Xinzo realizado pola Xunta de Galicia. O II Salón do deporte e turismo Activo Sportur celébrase en Expourense do 15 ao 17 de novembro. Ademais, entrevistamos a Ricardo Capilla, director xerente do parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole.

A plataforma ProCapd Ourense denuncia retrasos nos prazos do centro. Foi presentada a segunda fase da posta en valor da Ponte Vella, que comezará antes de verán. A cidade contará con 16 novas vivendas de promoción pública; o próximo 28 de novembro a Xunta adxudicará oito pisos protexidos.

En Xinzo de Limia, deu comezo un obradoiro de albanelería e xardinería; os alumnos realizarán traballos no Toural e ponte de Lima. A Aula madrugadores nos CEIP de Xinzo estará no Centro Rosalía de Castro. O concelleiro, Carlos Gómez, reuníuse co novo conselleiro de Medio Rural, José González, para abordar distintos temas, entre os que se atopaba o Plan Forestal. Sarreaus, mediante un programa realizado pola Asociación Escolar Rural de Saúde da Limia, fomenta a saúde e o benestar entre a poboación. Xinzo súmase ao día internacional contra a violencia machista organizando unha serie de actos.

Os premios Ourensanía 2018 entregáronse en Bos Aires -Arxentina- sendo a primeira vez que se entregan fóra da nosa provincia. O Centro Partido do Carballiño e o Centro Ourensano de Montevideo foron os galardoados desta edición.

En deportes, a Unión Deportiva Ourense venceu ao líder, Bergantiños, de Terceira división e continúa invicta na competición, na que o Barco tamén ocupa postos de promoción. O Rio Ourense Termal enfróntase no derbi galego da LEB Ouro ao Leyma Coruña este sábado, a partir das 19 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz.

O Auditorio municipal acolle este venres a obra “Quen é o señor Schmitt?” con Javier Gutiérrez e Cristina Castaño no reparto. O OUFF acollerá a película ourensá, de índole fantástica, “Las Brujas de E’lente”.

Todo isto e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha