Xa está na rúa o número 78 de Barrios.

Barrios 78

A portada nesta ocasión trae a un Club Ourense Baloncesto que caeu derrotado diante do Betis no Pazo. A provincia umouse a conmemoración do 25N Día contra a violencia de xénero. No Carballiño comezou a campaña “Vive o Nadal coa praza de Abastos” para fomentar as compras na praza. E a pista de xeo de Centro Comercial Ponte Vella abre ata o 7 de xaneiro.

A CEO rexirase polos catro vicepresidentes ata convocar novas eleccións; Díaz Barreiros será o portavoz institucional. Ourense, epicentro do voluntariado estatal coa celebración do XX Congreso do Voluntariado. Moteros solidarios e Amencer realizan campañas nestas datas a prol dos máis desfavorecidos. As AAVV das Termas e Peliquín festexaron o magosto.

«Salubrizate» son as charlas do Concello para previr a gripe en Ourense. Éxito do comercio local nas últimas feiras de Expourense: Bebega, Celebra e Antiq Auria.

No Carballiño elaboran un plan para dinamizar o comercio local; algunha medida comezará pronto. Rehabilitaranse cinco rúas da vila, cun investimento superior aos 380.000 euros. Un pleno extraordinario, a petición do BNG, condenou a violencia machista.

O 23º Festival de Cine de Ourense conta proxectará preto de 70 traballos en sete días; esta edición homenaxeará aos actores Luís Tosar e Mabel Rivera e o director ourensán Xavier Bermúdez. As actividades paralelas traerán o OUFF Escola, que chega a súa novena edición; e o “Fas Muvis. Límite 48 horas”.

En deportes, o Campus Rugbi logrou a vitoria diante do Eibar. O Salvour fixo unha gran actuación na Liga galega de salvamento acuático. O tirador Jorge Encinas proclamouse campión galego de tiro na categoría de carabina. O Barco rompeu a imbatibilidade da Unión Deportiva Ourense ao vencerlle por 3-0.

Todo isto e máis nas páxinas de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha