Estarán presentes en 100 locais ourensáns.

O lápis máis solidario volve a Ourense

Un ano mais presentouse ante os medios de comunicación, na sede de Queixumes dos Pinos entidade que colabora activamente con esta campaña «Lápis solidario, por so un euro un sorriso». Desde a organización queren pedir de novo a participacion de todos os ourensans para poder acadar o maior número de lápices vendidos.
Os lápices estarán en preto de cen establecementos da cidade, desde o día 3, de decembro, ao sete de xaneiro do novo ano.

«Catorce anos van de aquela primeira vez que puxemos en marcha a campaña solidaria, catorce anos de ilusión para levarlle os mais pequenos un agasallo ainda que sexa pequeniño, pero que fará que se sinta grande por que sabe que moita xente pensou nel este nadal», segundo as palabras de Avelino Jácome un dos seus organizadores.
«Catorce anos de solidaridade dos ourensans, das xentes dos comercios que apoian poñendo os lapices a venda nos seus establecementos, este ano mais que nunca volveran a apoiar, porque queren ver os sorrisos dos cativos, a todos eles moitas grazas», remataba Jácome.