A Xunta fai unha achega de case 265.000 euros.

A reforma da Alameda da Ponte estará lista para primavera

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vazquez, xunto ao alcalde da cidade, Jesús Vázquez, visitaron as obras que se están a realizar na Alameda da Ponte.

Trátase dun proxecto que está a executar a Consellería por un importe de case 265.000 euros, e que vai supoñer, entre outras actuacións, a recuperación da balaustrada perimetral, a renovación da fonte central, melloras en xardinería e a impermeabilización das filtracións nos baixos comerciais situados na zona oeste do parque.

Ademais impermeabilizarase os baixos comerciais e eliminarase as humidades que presentan hoxe en día para, en palabras do alcalde, «poñelos a disposición das persoas interesadas e dinamizar o comercio nesta área”.