O Cidade gañou ao Txantrea.

Na Primeira división de fútbol sala o Ourense Envialia tiña un desprazamento complicado. Acudía a terras madrileñas para medirse ao Atlético de Madrid. As locais con dous goles na primeira metade encauzaron un encontro na que as ourensás non tiveron a faísca doutras veces. Este sábado reciben ao Alcorcón nos Remedios.

Cidade
O Cidade sumou tres puntos ante un rival directo. As franxiverdes golearon ao Txantrea por 5-0 o que lles vale para ser terceira a un punto das segundas -Ferrol-; moi lonxe teñen ao líder Bilbo, polo que parece que loitarán por ser un dos mellores segundos dos catro grupos de Segunda. Esta fin de semana visita ao Muslera.

Sala Ourense
O Sala Ourense tivo xornada de descando despois de perder na casa diante do Benavente, líder da Segunda B. A competición reanúdase esta fin de semana na que visita ao Esteo.