Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 83

A noticia social da semana é a celebración en Expourense do 20º Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Ademais facémonos eco da folga de fame que mantiveron tres bombeiros da cidade ás portas da Casa Consistorial reivindicando máis persoal e material para o parque.
A Unión Deportiva Ourense levouse o derbi ante o Ourense CF por 1-0 con gol de Marquitos. E entrevistamos a Avelino Jácome, coautor de «As Andrómenas e outros contos».

Outra das novas máis destacadas é a próxima celebración do Entroido. Toda a provincia xa se prepara para días de troula, especialmente o triángulo máxico: Laza, Verín e Xinzo; este último é o máis madrugador co Petardazo e o Domingo Fareleiro esta mesma fin de semana.

O Goberno central licitou as obras do Museo Arqueolóxico por 12,2 millóns de euros; esto podería facer que abrira as súas portas en 2022. A Xunta de Galicia ampliará o CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel. Os veciños de Reza esixen o seu centro social. En xaneiro aumentou o paro en Ourense. O PSdeG – PSOE demanda o servizo de hemodinámica as 24 horas do día.

En Barbadás inaugurouse o Centro de Información da Muller (CIM). O pleno aprobou cambiar o nome da rúa Reverencia polo de Estrada de Moreiras a Toén. Xa está aberto o prazo para inscribirse no desfile do Entroido de Barbadás.

O Concello de Celanova pretende humanizar a rúa Castor Elices. A vila de San Rosendo atrae a visitantes pola música e a literatura. O BNG solicita información da compra duna máquina varredora. O Sábado de Piñata premiará aos grupos que teñan a veciños do concello.

En deportes, esta fin de semana celébrase en Castrelo de Miño o Campionato de España de remo. O club ourensán Salvour proclamouse campión galego máster de salvamento acuático. Facemos un repaso dos equipos ourensáns de fútbol sala. Concello e Federación Galega de Atletismo reuníronse para falar sobre o Campionato de España máster de pista cuberta que se celebra en Ourense no mes de marzo.

Ocio, artigos, clasificados e máis no número 83 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha