A 23ª edición programa 11 concertos.

Festival de Jazz de Primavera

O Festival de Jazz de Primavera de Ourense chega á súa edición número 23 cunha sensacional escolma de formacións musicais, e con 11 concertos que se desenvolverán desde o día 4 de abril ate o 4 de xuño.

Será unha edición con ampla presenza de jazz flamenco, da man de Diego Amador, ou dos tríos formados por Antonio Serrano, Josemi Carmona e Javier Colina, así como por este último acompañado por El Bola e Bandolero: un ano máis actuarán en Ourense recoñecidas figuras do jazz internacional, coma os saxofonistas Benny Golson e Charles McPherson, o trío que forma Dean Brown con Dennins Chambers e Hadrien Feraud, ou pianista Benny Green, unha figura emerxente como é a pianista e vocalista Sarah McKenzie, e músicos galegos da talla de Pablo Castaño, Víctor Prieto e Abe Rábade. Todos eles actuarán no Café Latino e as entradas se poderán adquirir desta tarde no propio local.

O certame terá unha das súas citas estelares o venres 3 de maio, cun concerto ao aire libre que ofrecerán The Blues Giants na praza de Santa Eufemia. Unha formación integrada por un elenco de estrelas dentro do mundo do blues; Jimi Bott, Willie Campbell, Sugaray Rayford, Albert Castiglia e Nick Schnebelen, que de seguro fará as delicias dos aficionados a este estilo e amantes da música en xeral.