Xa se poden mercar as entradas para o espectáculo do día 13 ás 21.30 h.

Remember Queen, no Auditorio

Tralo éxito na Gran Via de Madrid con máis de 15.000 espectadores chega a Ourense “Remember Queen”, a homenaxe máis fiel a Queen de Europa A factoría de espectáculos World Tribute presenta este atractivo show cunha renovada posta en escena, coidado vestiario e os mellores artistas do mundo especialistas en emular o traballo da banda británica, ofrecendo unha especial homenaxe á figura de Freddie Mercury e ao seu legado musical.

O obxectivo de “Remember Queen” é crear a sensación de estar a ver a Queen en vivo. Os artistas coidan o máis mínimo detalle do espectáculo cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do ´86sendo esta a última Xira de Queen con Freddie Mercury en vida.

Todos os éxitos de Queen como We are the Champions, Bohemian Rapsody ou I want to Break Free nun espectáculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, Piero Venery que desde Italia nos ofrece unha impecable caracterización do artista, xunto aos seus xestos, bailes e posta en escena.

Para os interesados en asistir poden mercar as entradas nas oficinas de Orixe, na rúa Francisco de Moure 20, no Couto, en Ourense.