Para votar nas próximas eleccións municipais.

Os socialistas denuncian o empadroamento fraudulento no Irixo

Os socialistas denuncian, co voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iago Fariñas Valiña á cabeza, o empadroamento fraudulento de cerca de medio cento de persoas no Irixo para votar nas próximas eleccións municipais.
Denuncian que moitas destas persoas non teñen relación co Irixo, entre elas atópanse traballadores da mancomunidade do Carballiño sen relación algunha co Irixo e empadroadas incluso en casas de membros do goberno municipal, ou persoas empadroadas en casas que levan deshabitadas máis de 20 anos e que non saben onde esta nin a casa nin o pobo onde foron empadroados; casas que incluso están á venta porque non vive ninguén. «Un fraude en toda regra fomentado e instigado polo grupo de goberno do Irixo», asegura o socialista.

Entre os casos máis salientables, destaca, «están os empadroamentos de traballadores da mancomunidade de concello do Carballiño que presiden o tenente de alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira; traballadores empadroados no Irixo sen ningunha relación co concello e ademáis empadroados en casas propiedade de membros do goberno municipal».
Non son os únicos casos escandalosos, tamén empadroamentos de persoas en casas que levan máis de

Especialmente sangrante e escandaloso é tamén, continúa «o caso dunha persoa próxima ó goberno municipal que presuntamente empadroou no Irixo a uns inquilinos sen ningunha relación co Concello e que ten alugados nun piso da súa propiedade noutra provincia».