Terá lugar o domingo, 5 de maio, con meta na Valenzá.

Cuarta edición do Castro Trail

O Castro Trail de Barbadás terá nesta cuarta edición, domingo 5 de maio, un itinerario con máis percorrido por zona de monte (ruta do Tangaraño). O percorrido será totalmente novo, moito máis esixente e máis duro. Prevese unha participación duns 500 atletas.

A saída e meta desta edición ubicarase na Valenzá (ao carón do estadio de fútbol). Os corredores do Castro Trail coñecerán a Ruta do Tangaraño, pasarán por As Lamas, Parada, capela de San Bieito de Cova de Lobo e Santa Uxía para rematar na meta na Valenzá.

As tres modalidades nas que poden inscribirse os interesados son trail 21 quilómetros, minitrail 11 quilómetros e andaina 11 quilómetros. Este ano haberá colchonetas hinchables para nenos e nenas que asistan á zona de meta con entrada libre. Esta actividade contará con monitores e está pensada non só para os pais e nais que participen no Castro Trail, senón tamén para os cativos que se acheguen ao evento.

O custo das inscricións é de 15 euros para o trail longo, 12 euros o percorrido curto e 6 euros a andaina. A hora de saída para todos os participantes será a mesma: as 9 horas.

As inscricións poden efectuarse en championchipnorte.com, na tenda de Runmaiak ou en Deportes Redonet. A data límite para a inscrición é o día 1 de maio.