Está aberto o prazo para anotarse.

Obradoiros do espazo Cemit

A Aula CeMIT volve abrir o prazo para a inscrición nos obradoiros gratuítos que ofrece de maio a xullo para a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica. Emprazada no centro de coñecemento de La Molinera, ofrece preto de 120 prazas repartidas en 6 cursos. Estes pretenden instruír a cidadanía en áreas coma a ofimática, o manexo de móbiles, o arranxo de impresoras 3-D, o deseño de blogs con WordPress ou a e-Administración.

As inscricións poden realizarse desde hoxe, venres 26 de abril, nos espazos web www.lamolinera.net ou en cemit.xunta.gal/centro/55
Cursos ofertados:
Ofimática. Procesador de textos – WRITER
Do 2 ao 7 de maio. 20 prazas. 8 horas.
Dispositivos móbiles. Manexo de móbil – ANDROID
Do 13 ao 20 de maio. 17 prazas. 10 horas.
Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Manexo de máquinas de control numérico – FUSION 360
Do 27 de maio ao 5 de xuño. 20 prazas. 16 horas.
Redes sociais 2.0. Creación de blogs – WORDPRESS
Do 10 ao 28 de xuño. 20 prazas. 18 horas.
Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Arranxo de impresoras 3D
Do 1 ao 12 de xullo. 20 prazas. 12 horas.
Administración electrónica: e-Administración. DNI Electrónico e certificados dixitais
Do 15 ao 19 de xullo. 20 prazas. 10 horas.

Máis información, en lamolinera@ourense.gal ou no teléfono 988.374.523