Con este acto complétase o expediente de honras incoado polo seu centenario, aprobado por unanimidade e con 1.800 adhesións.

A Coral de Ruada conta cunha praza en Ourense

O Concello réndelle homenaxe á Coral de Ruada dándolle o seu nome a unha céntrica praza da cidade.

A Coral de Ruada dá nome á praza situada na confluencia da rúa Xoán de Novoa e a avenida de Bos Aires, froito da homenaxe que o Concello de Ourense rendeulle á agrupación ourensá, co que culmina o expedinte de honras aberto á agrupación ourensá no centenario do seu nacemento.

Corporación local do Concello de Ourense e representantes da Coral participaron nos actos que se desenvolveron primeiro no salón de plenos e posteriormente na propia praza. Nesta descubriuse a placa que lle dá o nome da formación.

O Concello de Ourense, por acordo dos catro grupos políticos con representación municipal, quixo recoñecer este ano o labor realizado pola Coral de Ruada ao longo dos seus cen anos de existencia. Máis de 1.800 persoas se sumaron a esta proposta, á que tamén se adheriron numerosas asociacións e entidades culturais da cidade.

Como resultado deste expediente, o Pleno do Concello acordou o día 1 de febreiro darlle a esta praza o nome da Coral de Ruada.

No acto, a propia Coral de Ruada cantou varias pezas do seu repertorio, incluído o himno galego.