Entrevista a Ana María Rodríguez, candidata de Espazo Común en Barbadás.

“Sería de responsabilidade buscar acordos”

A recente formación Espazo Común concorrerá ás municipais de Barbadás con Ana María Rodríguez como candidata.

Por que vos presentades en Barbadás?
Ana María: “Porque como veciña sinto que arrastramos problemas que van quedando sen solución axeitada”.

Como definiría a situación actual de Barbadás?
A.M.: “Pobos moi baleiros e con moita xente maior, pobos con segundas residencias e A Valenzá, unha minicidade con moita xente xoven. A esta singularidade o concello quedou absoleto ao non propor solucións”.

Cal é o principal problema que ten e que solución propón?
A.M.: “Non ten a necesaria comunicación directa, e diaria, cos seus veciños. Isto dificullta que se plantexen correctamente os problemas e necesidades, para saolucionalos”.

Cal sería a medida máis importante que quere levar a cabo?
A.M.: “A escoita activa, entendendo os problemas e dando unha resposta de xestión aos mesmos. Que cada persoa se sinta como partícipe da vida municipal. Nós imos cun programa realista”.

Que propostas ten para a dinamización económica do concello?
A.M.: “Incentivar servizos municipais de asesoramente de empresas e desempregados; plans para o sector primario no rural, para fixar poboación de forma respectuosa coa natureza; facer unha aposta decisiva polo sector servicios públicos aos veciños; e atención a nenos, maiores e dependentes”.

Como definiría a lista de Espazo Común en Barbadás?
A.M.: “Veciños de concello de toda índole. Xente con moita forza, ilusión e visión de futuro”.

Ademais da vosa, que lle parece a irrupción de novas formacións en Barbadás?
A.M.: “Creo que é a foto da sociedade actual, diversa, con liberdade de opinión, con gañas de facer cousas, e de xeito particular o fin da hexemonía da idea única. Unha boa noticia que haxa moita xente disposta a traballar polo ben dos demais”.

Pactaría con algún outro partido para gobernar?
A.M.: “Si, se dado o caso é preciso chegar a acordos para buscar o mellor para Barbadás, e sempre sobre uns principios, tanto do programa como éticos. Pareceríame un exercicio de responsabilidade”.