Entrevista a Antonio Fernández - PP de Xinzo.

“Xinzo foi pioneiro na axilidade e resolución administrativa”

En qué mellorou Xinzo nos últimos catro anos?
Antonio Fernández: “En axilidade e resolución administrativa das solicitudes dos cidadáns (modificando o sistema informático con firmas electrónicas tanto dos técnicos como da corporación); melloraron os servizos sociais de atención primaria (cun protocolo de violencia de xénero, axilizando as listas de espera a persoas dependentes no domicilio); no control e eliminación dos vertedoiros incontrolados; e foi declarado de interese turístico internacional o Entroido”.

Como definiría a situación actual?
A.F.: “Segue sendo o nexo de unión dos 11 muncipios que conforman a Comarca da Limia, con que isto supon: máis e mellores servizos, un parque empresarial en pleno crecemento, que xera postos de traballo e riqueza, unha agricultura e gandeiria moderna, competitiva e extensiva. E unha modernización na atención a maiores e dependentes co fucionamento do Centro de día, o Centro de Maiores, residencias de anciáns e pisos tutelados, sen esquencernos de que no rural hai moita poboación maior”.

Cal é principal problema?
A.F.: “A empregabilidade da mocidade, xa que non houbo un crecemento paulatino do sector empresarial, como sucedeu no resto de España. Non obstante, moitos mozos apostaron por un nicho de traballo en expansión como é o de “xóvenes agricultores”.
Outro problema é o despoboamento do medio rural”.

Que medida estrela quere levar a cabo?
A.F.: “A construción dunha circunvalación externa para desconxestionar o tráfico; a creación e posta en macha dunha nova residencia de anciáns; e a posta en marcha inminente da última fase do Plan de Regadio da Limia a través de novos convenios coa Xunta de Galicia.

Que prospostas ten para a dinamización económica?
A.F.: “Facilitar a implantación de novas empresas no Parque Empresarial abaratando o solo e lincenzas de apertura; recuperar o Salón Monográfico da Pataca e productos endéxenos da Limia, co fin de innovar, comercializar e formar sobre os nosos productos; e a creación dunha mostra local anual de outlets para promocionar o pequeno e mediano comercio”.

Como definiría a lista que vostede lidera?
A.F.: “Ten experiencia demostrada no sector público; porén, hai moitas caras novas, ilusionados con facer unha política activa, funcional e resolutiva”.

Que opina do aumento do número de candidaturas?
A.F.: “Estamos ante un esenario político con moita diversidade, surxen novos movementos, bifucarcación entre partidos…”.

Pactaría para gobernar?
A.F.: “Non contemplo esta posibilidade. Estamos traballando para revalidar a maioría absoluta”.