Entrevista a Pachi Vázquez - Espazo Común Ourense.

“Falta dinamismo na economía”

Pachi Vázquez regresa á primeira liña política presentánse coa marca Espazo Común, creada por el mesmo.

Como definiría a situación actual do Carballiño?
Pachi Vázquez: “Temos un gran déficit de espazos públicos. O Carballiño medrou moi rápido, aglomerándose no centro e, porén, temos carencia de espazos urbanos de calidade para os cativos no casco urbano”.

Cal é o principal problema?
P.V.: “A falta de dinamismo na súa economía, a paralización das súas políticas sociais e que deixou de ser a vila punteira que era”.

Cal sería a medida estrela a levar a cabo?
P.V.: “Habería que facer referencia a un conxunto de medidas nos eidos económico, empresarial, social, de infraestruturas deportivas e novas políticas educativas, que son as liñas mestras nas que incidiremos”.

Por que dediciu dar o paso de crear Espazo Común? E que opinión lle merece a irrupción de novas formacións?
P.V.: “Espazo Común nace como unha nova formación socialdemócrata, galeguista e constitucionalista, que engloba xente con experiencia noutras formacións políticas, así como persoas que debutan e achegan novas ideas e perspectivas”.

Como definiría a lista de Espazo Común que vostede lidera?
P.V.: “Plural, mestura de experiencia e xuventude, representativa do Carballiño e da súa realidade social, que recolle as perspectivas de parroquias e barrios e que, sobre todo, inclúe persoas con vocación de servizo público e compromiso”.

Pactaría con algún outro partido para gobernar?
P.V.: “…”.