Entrevista Jorge Bermello, candidato de Vivir Ourense.

“Crearemos un fondo de 4 millóns de euros para financiar proxectos empresariais”

Jorge Bermello concurre nestas eleccións cun partido creado por el mesmo.

Como definiría a situación actual de Ourense?
Jorge Bermello: “Está a morrer e os negocios pechan. Vivimos un retroceso socioeconómico claro. Precisamos un equipo con capacidade de xestión capaz de invertir a tendencia con celeridade. VOU conta con el”.

Cal é o principal problema?
J.B.: “A nula capacidade dos políticos actuais para chegar a acordos en ben do interese xeral que faciliten que Ourense progrese”.

Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo?
J.B.: “Devolver á cidade os 80 millóns que están retidos no Concello pola nula xestión nos últimos anos, e facelo a través de promoción económica, obras, servizos sociais, culturais e deportivos”.

Que propostas ten para a dinamización económica do Concello?
J.B.: “A creación dun fondo de 4 millóns de euros para financiar 100 novos proxectos empresariais (25 por ano); a rehabilitación de espacios infrautilizados e convertelos nunha bolsa de locais en aluguer; eliminación ou redución de taxas e trámites ata onde sexa posible para a posta en funcionamento de novos comercios”.

Como definiría a lista de VOU que vostede lidera?
J.B.: “É unha candidatura formada por profesionais de varios sectores, con ampla capacidade de xestión, con grandes proxectos e propostas para mellorar o concello e sen ataduras co pasado político”.

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións no Concello? A quen pode beneficiar?
J.B.: “Cando a cidadanía non se ve representada busca ou crea novas solucións, participando activamente en política. O consenso e os acordos serán os ingredentes das políticas do século XXI e a elo deberán acostumarse os practicantes da vella política”.

Pactaría con algún outro partido para gobernar?
J.B.: “Vivir Ourense (VOU) preséntase a estas eleccións coa intención de ser a forza máis votada, e está traballando a reo na presentación das súas propostas. Non nos asusta buscar puntos de encontro en beneficio dos cidadáns. Pero, antes, que falen eles e digan en qué lugar queda cadaquen”.