Entrevista a Senén Rodríguez, candidato á alcaldía por PLIE.

“Queremos incentivar volver ao comercio local”

O presidente da AVV de Santa Teresita, Senén Rodríguez, é o cabeza de lista do Porxecto Liberal Español.

Como definiría a situación actual de Ourense?
Senén Rodríguez: “Caótica, dunha cidade moribunda, bloqueada polo egocentrismo dos seus políticos”.

Cal é o principal problema que ten Ourense?
S.R.: “Son moitos pero un dos principais está nun caduco grupo de políticos que se esquecen que representan aos seus veciños”.

Cal sería a súa medida estrela?
S.R.: “Ampliar os recursos humanos, traballar pola igualdade, polos dereitos da muller, activar mellores protocolos cara colectivos máis vulnerables. Ser unha cidade LGTB Friendly”.

Que propostas ten para a dinamización económica do concello?
S.R.: “Incentivar que os cidadáns de Ourense volvan ao comercio local, ofrecendo axuda aos pequenos comercios, a novos autónomos e Pemes”.

Como definiría a lista de PLIE?
S.R.: “Heteroxénea composta por cidadáns cansos de ver como uns políticos caducos e indolentes non fan nada por mellorar a nosa cidade”.

Que opina da aparición de novos partidos?
S.R.: “Na maioría deles seguen predominando as mesmas caras que antes defendían outras cores”.

Pactaría con algún outro partido?
S.R.: “Porque non, hai que ver puntos en común e traballar neles”.