A 35ª edición celébrase do 29 de abril ao 1 de xuño.

O Paseo acollerá a Feira do libro

A rúa do Paseo acollerá do 29 de abril ao 1 de xuño a 35ª Feira di libro.

Trátase dunha cita anual durante a que esta cidade será un escaparate para as librarías presentes: Padre Feijoo, A Viuva, Punto e Coma, Cortizas, A Nova, Lafer, Nobel, Cartabón, Pedreira, Kathedra, Libraría Infantil e Xuvenil Zampacontos e a Serpe Edicións; acompañadas ademais do stand da Deputación de Ourense e do da Biblioteca Nodal.

Os libreiros estarán rodeados dunha ampla oferta de actividades culturais para atraer público de todas as idades neste evento que constitúe a sexta convocatoria do calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019, organizadas pola Federación de Librarías de Galicia e nas que a Secretaría Xeral de Cultura colabora.